As mañás de Nadal van ser moi divertidas na Biblioteca de Pontevedra onde a rapazada poderá desenvolver actividades que favorecen o seu desenvolvemento cognitivo e social a través de actividades psicomotrices, de animación a lectura e de expresión teatral, musical e plástica.
Data e hora: 23, 24, 27 e 30 de decembro. 2 e 3 de xaneiro de 9.30 a 13.30
A actividade de Tardes de xogo ten como obxectivo crear un espazo de relación
social onde poder desfrutar dun ambiente lúdico compartido.
Ven a pasalo ben xogando a diferentes xogos de mesa, compartindo o tempo con
outras persoas cos mesmos intereses. Divertirémonos xogando con xogos clásicos
No DOG do 7 de xaneiro de 2025 publicouse a convocatoria para 2025 das subvencións a entidades locais para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e axencias de lectura de titularidade municipal integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (programa Ler conta moito).
Bibliotecas e Escolas de Artes e Superior de Deseño xa teñen programadas numerosas actividades para conmemorar este día e ao seu homenaxeado.
Subvención a concellos para a dotación de novidades editoriais en galego e mellora das coleccións bibliográficas.
Publicada no DOG do 14/01/2025 a Orde do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora das coleccións, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT235A).
Apertura da nova Convocatoria 2025
Bea Campos vai engaiolar a todolos bebés cos seus contos sobre un lobiño moi curioso.Sesión de contos con música na que os nenos compartirán con aqueles que os coidan e os educan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns; espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura, a música e a tradición oral.