Publicación dos gañadores e finalistas do Sello do Consejo de Cooperación Bibliotecaria 2020
Publicación dos gañadores e finalistas do Sello do Consejo de Cooperación Bibliotecaria 2020
Coñecendo as historias da cadeliña Becki con Fran Ameixeiras, de Bandullo Azul.
Entre pocións, plantas e libros mora acubillada Flora, unha muller que emprega procedementos experimentais e mesturas explosivas practicando a ALQUIMIA MODERNA!
Aprenderedes a facer experimentos básicos e coñeceredes inventoras das que nunca oístedes falar.
Atrevédesvos a entrar no seu laboratorio?
Actividade aberta a todos os públicos.
Unha historia inspirada nas astronautas Valentina Tereshkova, primeira muller en ir ao espazo, e Sara García Alonso, primeira astronauta española.
Os nenos e nenas participantes nestas olimpiada deseñarán un coche con pezas de lego, motor incluído, para logo facer carreiras e programalo. Con esa actividade foméntase a creatividade xa que non se esquecen de porlle adornos aos vehículos con bandeiras e bonecos.
Data e hora: venres 21 de novembro ás 18.00 h.
Público destinatario: 9 a 14 anos
A rapazada deseñará figuras decorativas con luz sobre distintas superficies, aprendendo a contar a súa historia con varias tecnoloxías (leds e electroluminiscencia principalmente) e no futuro poderán deseñar os seus propios traxes intelixentes (wereables) con sensores de luces.
Data e hora: venres 28 de novembro ás 18.00 h.
A cargo da Cadena Ser