Apertura do prazo de inscrición no catálogo Ler conta moito 2026 de actividades de dinamización da lectura
Programa para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
No DOG do 23 de decembro de 2025 publicouse a convocatoria para 2026 das subvencións a entidades locais para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e axencias de lectura de titularidade municipal integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (programa Ler conta moito).
Co gallo da celebración do Día da Ilustración, celébrase un obradoiro no que se ofrecerá unha introdución teórico-práctica á ilustración científica aplicada ao estudo e divulgación do medio mariño, centrado en especies costeiras e oceánicas. Aprenderás a observar a morfoloxía dos organismos mariños e a representalos mediante técnicas tradicionais: grafito, lapis de cores e acuarela.
O xoves, 15 de xaneiro, contaremos coa actuación da "Xove Orquestra Terra Nova".
Unha banda de música clásica lucense formada por un grupo de rapaces que queren darlle unha nova volta aos clásicos
Hora: 20:00 h.
Salón de actos (ata completar capacidade)