Cedemos o espazo a Andaina Pro Saúde Mental, unha asociación sen ánimo de lucro que nace co obxectivo de prestar apoio ás persoas con problemas de saúde mental, ás familias e achegadas e achegados. Utilizan a arte como ferramenta de expresión emocional e comunicación xa que axuda a conectar cun mesmo e co grupo, a reducir os niveis de estrés e ansiedade e potenciar a creatividade.