Neste "sábado okupado" na biblioteca, celebramos o Día de Ilustración cun obradoiro con Sabela Gago.
Actividade para nenas e nenos de + de 6 anos.
Para asistir a él é nencesario facer a inscrición previa dende o venres 16 de xaneiro ben presencialamente ou chamando por teléfono aos números: 988 788 385 / 386
Vén pasar unha mañá chea de diversión cós xogos de mesa da biblioteca. Haberá xogos para rir, aprender e xogar en equipo.
Actividade para nenas e nenos de 7 a 12 anos.
Para asistir a ela é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 2 de xaneiro ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386
Superar o medo á folla en branco é posible. Neste taller aprenderemos técnicas infalibles para desbloquear o pensamento creativo, desde as máis populares ata outras metodoloxías innovadoras. O obxectivo? Que en apenas hora e media te convertas nunha fonte inesgotable de recursos para crear conceptos, debuxos e personaxes fóra do común.
Co gallo da celebración do Día da Ilustración, celébrase un obradoiro no que se ofrecerá unha introdución teórico-práctica á ilustración científica aplicada ao estudo e divulgación do medio mariño, centrado en especies costeiras e oceánicas. Aprenderás a observar a morfoloxía dos organismos mariños e a representalos mediante técnicas tradicionais: grafito, lapis de cores e acuarela.
E para comezar o Nadal e as vacacións divertíndose, nada mellor que pasar pola Biblioteca e participar neste obradoiro onde aprenderedes a facer cousiñas moi chulas para estas datas.
Data e hora: venres 19 de decembro ás 18.00 h. (1.30 minutos de duración)
Público destinatario: infantil de 6 a 9 anos