Vén pasar unha mañá chea de diversión cós xogos de mesa da biblioteca. Haberá xogos para rir, aprender e xogar en equipo.
Actividade para nenas e nenos de 7 a 12 anos.
Para asistir a ela é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 6 de marzo ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386
Neste curso aprenderás paso a paso a inventar unha historia, crear personaxes con expresións divertidas, debuxar escenas e ordenar as viñetas para que a historia se entenda e enganche. Un taller práctico e creativo no que levarás para casa moitos trucos para facer cómics… e moitas ganas de seguir debuxando.
Data e hora: venres 13 de marzo ás 17.30 h.
Neste obradoiro os nenos e nenas terán a oportunidade de asistir a un contacontos onde a protagonista do conto é unha eiruga que vivirá unha auténtica aventura no proceso de converterse en bolboreta. Ao remate do conto os nenos e nenas poderán levar de recordo un marcapáxinas de eiruga elaborado por eles.
Data e hora: venres 20 de febreiro ás 17.00 h.
Vive unha divertida aventura científico - literaria con sorprendentes experimentos!
Actividade aberta a todo o público.