Neste obradoiro creativo, os participantes converteranse en auténticos promotores de lectura. En pequenos grupos, escollerán un libro infantil da biblioteca e prepararán unha breve representación teatral para espertar o interese doutros lectores. Terán que presentar os personaxes, o conflito principal e rematar cunha frase intrigante.
Desfrutaremos, coa autora Rochi Novoa, dunha fermosa experiencia arredor da poesía e da creación artística.
Celebramos o Día da poesía con esta charla-obradoiro sobre poesía, fotografía e vídeopoesía repasando autores e obras destas disciplinas.
Como nace un poema?
Ven descubrir a maxia de escribir e ilustrar da man de Beatriz Dourado e Irene Sanjuán, autoras de “Latexos”. (Premio Arume de poesía para a infancia 2024).